Facetas

Portada Revista Gallega. Real Academia Galega

Portada Revista Gallega. Real Academia Galega

Aspecto que, xunto con outros e distinto deles, pódese considerar nun asunto ou na vida dunha persoa… tomando como punto de partida esta definición do  termo FACETAS, o que tentamos é simplemente resaltar aqueles aspectos máis relevantes da vida e obra de Urbano González Varela.

Para iso, agrupamos en tres seccións fundamentais a obra de Urbano González Varela e engadimos un cuarto apartado que contén unha relación dalgúns dos seus textos escritos nun semanario galego, dominical e bilingüe, chamado Revista Gallega co subtítulo Semanario de Literatura e Intereses Rexionais, que naceu no ano 1895 e deixou de publicarse en 1907 cun total de 640 números publicados. Constituíuse na publicación emblemática do rexionalismo liberal e progresista galego da época e conseguíu un considerable prestixio xornalístico.