Inicio

retrato-urbano-gonzalez-varela

Urbano González Varela naceu en Santiago de Compostela o día 3 de marzo de 1868 e morreu tamén na cidade compostelá o 24 de abril de 1906, ao pouco de cumprir os 38 anos.

José Antonio Durán, publicaba o 10 de xuño de 1982, en La Voz de Galicia, unha páxina sobre Urbano González Varela na que entre outras cousas dicía:

“Hoxe, moitos anos despois da súa prematura morte, quedamos sorprendidos ante esa galería de retratos, ambientes, viñetas, cuxa calidade resalta ante a mirada máis cega”.

Juan Naya Pérez, xornalista, historiador galego e académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, escribía o 17 de marzo de 1984 en La Voz de Galicia:

“Urbano era simpático, tolerante e xeneroso. Vivía coa alegría propia dos anos de mocidade, alternaba non soamente con aqueles que lle eran máis afíns en arte, como Ovidio Murguía, Vaamonde e Lorman; ou en xornalismo con Faginas, Barreiro, Dafonte e Pan de Soraluce, senón tamén co resto dos seus concidadáns. En todos os sitios era admirado e querido”.

Na súa prematura morte todos os xornais e institucións galegas publicaron artigos e composicións de encomio e de gran pesar polo seu falecemento, sendo unha das máis sentidas a que en verso dedicoulle o seu cuñado, Manuel Lugrís Freire (pai do pintor Urbano Lugrís González), e que serve como introdución a esta páxina web realizada In memoriam do noso avó URBANO GONZALEZ VARELA.

Na morte d’Urbano Gonzalez

poema-lugris-muerte-urbano

M. Lugrís Freire (A Cruña, Maio de 1906)